
Sangre de Muérdago
Leva traballando dende 2007 e construíndo unha carreira musical que fala por si soa. Cantada íntegramente en galego, a súa discografía inclúe máis de 15 traballos publicados, 8 dos cales son álbums de longa duración.
O ourensán Pablo Caamiña é o responsable da creación e liderado do proxecto dende os comezos, encargándose da composición musical, xestión e burocracia, e mesmo da súa propia edición e publicación, creando un dos proxectos e coleccións máis singulares do panorama musical internacional.
“I am amazed, captivated, enchanted… O Xardín is a landscape of the soul, of what you see and what you can´t see. It is a key, a key that opens a secret part of ourselves, ad also of the Animal Kingdom”
- Manuel Rivas